Inicio / Sobre

Nota Legal.

O Concello de Cambre, a través do dominio cambre.es facilita información de interese xeral da cidade de cambre e, en especial, información e xestións propias da organización municipal.

A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.

O Concello de Cambre, procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos tan pronto como os detecta. Non obstante, o Concello de Cambre non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se encontre permanentemente actualizado.

O Concello de Cambre poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións, supresións ou actualizacións da información contida en cambre.es ou na súa configuración ou presentación.

O acceso ao dominio cambre.es, así como o uso da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de Cambre non é responsable de ningún prexuízo que puidese derivarse deses feitos, nin tampouco pode garantir que o acceso non se vexa interrompido ou que o contido ou software ao que poida accederse estea libre de erro ou de causar dano.

A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter meramente orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se achan estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.

O portal cambre.es, os seus deseños gráficos e as informacións e códigos que contén son de titularidade do Concello de Cambre, salvo expresa indicación dunha titularidade diferente, e están protexidos pola lexislación sobre propiedade intelectual.

Os contidos deste dominio poden ser descargados no terminal do usuario sempre que sexa para o seu uso privado e sen ningún fin comercial, pero non poden ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación, salvo autorización específica e expresa.






Política de privacidade.

A visita ao dominio cambre.es efectúase en forma anónima.

Soamente para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico os usuarios haberán de subministrar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.

Estes datos incorporaranse aos correspondentes ficheiros informatizados do Concello de Cambre e serán tratados de conformidade coa regulación establecida pola Lei Orgánica 15/1.999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais disposicións de aplicación.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, se é o caso, logo de consentimento do interesado ou de acordo co previsto na citada Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.

As persoas cuxos datos persoais consten nun ficheiro informatizado do Concello de Cambre poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na forma prevista na Lei, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitu de dirixirase a:

Concello de Cambre:
Adro,1 15660 Cambre (A Coruña).